O proxecto
LongaLingua é a revista dixital e podcast da Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego. En cada episodio e o seu correspondente artigo contaremos con persoas que destacan pola súa contribución á normalización da lingua galega en diferentes ámbitos e ás que nos achegaremos na procura dunha reflexión profunda sobre os problemas e circunstancias do noso idioma.
LongaLingua continúa a xeira que de 2006 a 2010 promoveu a edición da revista en papel. En 2025 retomamos o proxecto a través de recursos multimedia.
Produción:
A Mesa pola Normalización Lingüística
Dirección e guión:
Eva Fernández Prieto
Gravación e edición:
Estudio Sete
Consello de redacción:
Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística




